Sinopse
O xurado do XXI Premio de Poesía Avelina Valladares declarou como gañadora desta edición a María del Carmen Caramés Gorgal polo seu traballo As idades perdidas. Os xuíces do concurso que promove o Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casas Avelina Valladares estivo composto por Rosalía Morlán Vieites, Dolores Araújo Arias "Noni", Guadalupe Porto Gañete, David Otero Fernández e Clara Iglesias Cortizo, todos eles membros destacados do mundo da cultura.