As Irmandades Da Fala (1916-1931)

Autor
Uxío Breogán Diéguez
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484873303
Idioma
Gallego
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
19,20€

Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre os máis relevantes valores da Galiza. Relacións que darían lugar a iniciativas de grande e decisiva importancia, caso das Hirmandades dos Amigos da Fala. Unha organización que, desde o seu nacemento na primavera do 1916, reivindicaría a identidade nacional da Galiza, a partir da defensa do idioma propio do noso país nun tempo no que a lingua galega ficaba fóra da legalidade (española) imperante. Na presente monografía apreséntase unha ampla visión do que foron e representaron as coñecidas, popularmente, como Irmandades da Fala; partindo do contexto no que estas foron creadas e no que agromaron de xeito vizoso. E facémolo como homenaxe ás Irmandades no marco do centenario da creación das mesmas (1916-2016). Diante desta efeméride agardamos contribuír a socializar unha panorámica, o máis ampla posíbel, de como se xestaron e o que significaron para o país as Irmandades da Fala. Socializar, nomeadamente, que programa socio-político e cultural ergueron e defenderon as Irmandades, cal foi o seu modelo organizativo e o seu axir, cales foron as diferenzas internas que amosaron e onde situaron o eixo central da Causa galega: a loita pola visibilización da nación galega, a partir da defensa do idioma propio, en todos os planos nos que esta debía de se manifestar como tal; pulando ao tempo polo recoñecemento da Galiza como suxeito político.