As Músicas Viaxeiras

Autor
Ramón Caride Ogando/Miguelanxo Prado
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788491219620
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
145
Formato
Rústica
Colección
Merlin
12,95€

En tempos remotos, as princesas vivían fechadas en torres mentres agardaban a chegada de príncipes con sangue azul. As pandeireteiras, pola contra, tiñan que buscar a vida polos camiños... Con todo, nin moitas das mulleres se resignaban ao seu destino nin todas as princesas se conformaban con non poder ver o mundo cos seus propios ollos. Aínda que daquela había homes ruíns nas encrucilladas e nas tabernas, ou en pazos baixo da terra, tamén había mozas que loitaban para poderen ser elas en liberdade. Esta é unha historia que fala de princesas rebeldes e de músicas ventureiras, que nos lembra que non todos os contos son exactamente como nolos contaban.