Unha reflexión sobre o papel das mulleres na literatura infantil e xuvenil como axentes literarios. Os membros da Red Temática de Investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI) achegan en As mulleres como axentes literarias na LIX do século XXI diferentes reflexións sobre o papel das mulleres na Literatura Infantil e Xuvenil. Os mediadores entre o libro e a lectura poden atopar neste volume estudos e comentarios que serven para observar o papel imprescindible de autoras, ilustradoras, investigadoras, tradutoras ou editoras na LIX de diferentes ámbitos do marco ibérico e iberoamericano.