AS NOSAS ÁRBORES

Autor
Marta Pérez Diz María Otero Alonso
Editorial
Universidade de Vigo - Publicacións
ISBN
9788411881012
Idioma
Español
Publicado
2026
Nº de páginas
191
Formato
Rústica
Colección
Monografías. Serie Científico-Tecnolóxic
10,00€

O Campus de Lagoas-Marcosende non é só un lugar de aprendizaxe: é tamén un espazo verde cheo de vida, onde as árbores contribúen ao equilibrio do entorno, ofrecendo sombra, aire limpo e refuxio para as aves e pequenos animais presentes na contorna. Esta guía convida a todos a descubrir a diversidade e a beleza da flora arbórea que nos acompaña día a día. Cada árbore ten a súa propia historia: dende as que levan décadas acompañando a vida universitaria ata as máis recentes, plantadas para conservar e enriquecer a biodiversidade do campus. Nas páxinas desta guía atoparás información sinxela e clara sobre as especies máis representativas: a súa orixe e distribución, as súas características máis destacables e os seus usos máis habituais. As fichas inclúen imaxes que facilitan a identificación das árbores no campo, facendo a experiencia máis práctica e visual. Dirixida a estudantes, profesionais e a calquera persoa interesada no noso entorno, esta guía combina rigurosidade e divulgación, permitindo gozar da natureza mesmo sen ser experto en botánica. O seu obxectivo é achegar o lector á riqueza arbórea do campus e fomentar un vínculo máis profundo co medio que nos rodea. Benvido a un percorrido pola vida verde do campus, onde cada árbore conta a súa propia historia.