As Relacións Banca-Industria En Galiza

Autor
Ramón Yáñez Braxe
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788489896802
Idioma
Gallego
Nº de páginas
282
Formato
Rústica
Colección
Ensaio
21,03€

Os procesos de desenvolvemento están condicionados, entre outros factores, pola existencia dun sistema financeiro eficiente, e pola intensidade das relacións establecidas entre a banca e a industria. As relacións Banca-Industria en España e en Galiza teñen rexistrado unha evolución desde un modelo orixinariamente continental até un modelo universal, cun carácter cada vez máis anglosaxón. A retirada de posicións industriais foi moito máis intensa en Galiza. As entidades financeiras galegas perderon peso participativo na industria autóctona, e expulsaron unha gran parte do aforro xerado no noso país por medio das cesións de tesourería e a súa participación en fondos de investimento. As consecuencias deixáronse sentir sobre a estructura de financiamento e sobre os resultados empresariais das empresas autóctonas, actuando como freo das posibilidades de converxencia da economía galega