Sinopse
Esta novela trata dunha cidade condenada a desaparecer. O lector sábeo, pero os personaxes non. Os protagonistas desta historia non teñen conciencia do futuro que os agarda, pero os seus actos descúbrenlle ó lector a causa da fin cara á que se precipitan. As ruínas da cidade amada é tamén un retrato do declive dalgunhas vilas históricas de Galicia.