Iria ten que deixar a cidade onde vive, as súas amigas, o colexio, a praia das tardes do verán..., para mudarse cos seus pais ao campo, a un lugar chamado Malvela. Alí a súa vida semella perder todo o sentido. Mais, pouco a pouco, irá coñecendo unha comunidade de persoas especiais que, dotadas de cadanseu don, van ensinarlle outra maneira de estar no mundo, moito máis consciente. Todas elas teñen en común unha curiosa característica: calzan un zapato de distinta cor en cada pé. Iria descubrirá que ese distintivo é o que identifica os membros dunha sociedade creada en Malvela: «As sentinelas do silencio».
Unha emotiva novela ecoloxista; un canto á natureza e á
defensa do medio rural.