Feminino e plural. ''As terceiras mulleres'' son figuras da multiplicidade que poden propiciar un achegamento á lenta e complexa invención históricadas mulleres coma ''suxeitos''. Este ensaio de ensaios intenta trazar un percorrido libre por distintas obras da tradición occidental, mostrando o diálogo entre a literatura, a música e as artes visuais de moi distintos tempos e lugares. As mulleres non interesan xa só, como ''obxectos'' da ollada masculina. A crítica eo pensamento, loxe da pasividade e da autocompracencia, forma parte do seu novo papel na sociedade. Xorde así unha maneira nova de entender a representación da subxectividade feminina e a creación artística e literaria feita por mulleres