Descripción: Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2014. Estado de conservación: New. Tan pronto como chegaban do colexio Pedro e Petra fechábanse no cuarto da rapaza e púñanse a fedellar co seu equipo de electrónica. Así foi como naceu Ruki, un rato-robot que, grazas a unha teteira, un ordenador e unha tormenta, rematou viaxando polo universo, visitando estrañísimas galaxias e seres como os guquipuquis, os ratos cempés ou a Comellona do planeta Toupamil.