Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten faladodesta terra lendaria sen que aínda hoxe se conseguise demostrar a súaexistencia, mais tampouco a súa falsidade. Diríase que os humanosprecisamos coma do aire de espazos que desafían o rigor da razón parasituarmos neles as nosas arelas máis íntimas, as nosas imaxinacións,tamén as nosas perplexidades.Atl propón un novo achegamento ao asunto da Atlántida desde o eido dacreación literaria, mais un achegamento iluminado coas lucesconverxentes da historia e o mito, a ciencia e a intuición, a crónicae a fábula. A través do retrato dunha sociedade posíbel, no que se lle outorga un forte protagonismo á política, ao desenvolvementotecnolóxico, ao pensamento e ás rutinas da vida cotiá, e que vén serunha proxección inevitábel do mundo coñecido, asistimos a un demoradorelato de tensións e intrigas que artellan unha explicación non detodo inverosímil dos acontecementos que levaron ao seu tráxico final.Cun certo alento de fondo épico e unha vaga intención exemplarizantenunha novela clásica de acción, Atl aborda asemade unha revisión doselementos máis comúns da ficción científica, dándolles un novo sentido e xuntándoos nunha mesma trama asombrosamente coherente.Situado nalgún mar do noso interior máis profundo e nun tempo que pode ser calquera, velaí Atl, o continente perdido, esa historia quesempre volve.