Sinopse
Historias que conflúen coma ríos no mar da narración das vivencias humanas. Velaquí a mensaxe de fondo que percorre cada un dos contos que compoñen este libro. Relatos nos que sabemos, por exemplo, cómo un inmigrante africano reinventa a esperanza na vida lonxe do país de orixe. Ou nos que nos mergullamos nas vivencias de adolescentes marcados, rapaces que teñen que aprender a ser eles mesmos, quizais fronte ó mundo. Eis, tamén, o latexo do relato histórico, a maxia do camiño que leva a Compostela, a trusgada do prodixio cotián.