Aventuras De Alberte Quiñoi

Autor
Manuel García Barros
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788491514640
Idioma
Publicado
2020
Nº de páginas
476
Formato
Rústica
Colección
Literaria
24,00€

Coa meticulosidade dun etnógrafo e o verismo das propias vivencias García Barros ofrécenos nas Aventuras de Alberte Quiñoi (as súas aventuras), un retrato do correr dos días nunha aldea galega do val do Ulla, nos últimos anos do século XIX, a través das trasnadas e aconteceres do cativo Alberte, onde amosa un profundo coñecemento do país. Unha obra escrita con intelixencia e fonda sensibilidade, que supera o costumismo a través do humor e cunha forte carga irónica no tratamento de costumes e dos temas relixioso e idiomático. Un espello da vida de gran valor etnográfico e unha crónica miúda dos días e dos oficios. Un retrato de nós.