O protagonista do libro é Guauguau, un can vagabundo a quen non lle gusta ter amo que o saque a pasear. A Guauguau o que máis lle gusta son as salchichas, polo tanto ten que apañarse para roubarllas ó carniceiro. Aparecen tamén outros animais como Lulú, un can moi fino do que se fai moi amigo, e o gato do carniceiro co que anda sempre a rifar. Mesmo fai unha viaxe en tren, ata que o revisor o bota por non ter billete. Logo de ver aquela cidade, volve de novo á súa pillando o tren outravolta.