Sinopse
"Quen son eu? Eu son Picofino, un galo que vai polo mundo correndo aventuras.
Nacín nun curral dunha casa de aldea; pero un día marchei da casa. Non foi polo meu gusto. Tiven que escapar.
Estaba delgado, estaba moi apoucadiño, a crista pálida e as plumas curtas.
En resumo, era feo e débil. Non servía de xefe de galiñeiro.
Por mor disto a ama da casa queríame guisar..."