A ironía é o principal ingrediente deste libro de relatos para bailar. Xosé A. Perozo escolle once bailes tradicionais e ponlles letra. O lector ten a obriga de adiviña-lo ritmo, de pescuda-lo que de tradición, falsidade ou invención hai en cada unha destas historias nas que a imaxinaxión está permanentemente sobrevoando a lembranza dos tópicos das cancións ou melodías tantas veces escoitadas con sons de tangos, chotis, pasodobles, boleros, tonadillas...