Século XXII. Ano Terrestre 2120. Nun espacio ateigado de realidade virtual e submisión fronte ó establecido, aínda existen pequenas estrelas raras. Estrelas que brillan intensas nesta Bialarina, peculiar novela de ciencia-ficción inzada de paixón e intriga, na que os personaxes tentan atopar a identidade persoal entre labirintos de información controlada, ou o sentido da súa existencia entre a loucura do amor e o desamor. O autor propón unha fantástica viaxe a través do espacio do corazón, unha inquietante e persoal visión do futuro, na que o lector pode xogar cos dados do azar á procura da solución para as eternas preguntar sen resposta