Baloira, A

Autor
Anxo Tarrío Varela
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497823517
Idioma
Gallego
Nº de páginas
512
Formato
Rústica
Colección
Crónica
20,85€

Sinopse Os dicionarios Xerais definen baloira como “pértego ou vara longa que se emprega para sacudir as árbores e provocar que caia a froita”. Este libro recolle case dous centenares de textos que abanean a vizosa árbore da vida cotiá para lle tirar temas sobre os que o cronista aplica a súa imaxinación e oficio, convencido, como Augusto Monterroso, de que a realidade máis inmediata é fonte inesgotable sobre a que o contista pode actuar coa seguridade de que a súa arte e o seu esforzo serán o único método de lle infundir eternidade e verdadeira vida a aquel momento que pasa como lóstrego fuxidío camiño do esquecemento. Compostela como espazo de conformación de cidadanías, as literaturas e as linguas, os mundos, a universidade e os amigos son algúns dos eixos temáticos dunha obra chamada a converterse en referencia do xornalismo literario galego contemporáneo