Banqueiros

Editorial
Xunta De Galicia
ISBN
9788484872269
Idioma
Gallego
Formato
Rústica
Colección
Rustica
20,00€

Parece evidente que, cando falamos de "crise", estamos a empregar un vulgar eufemismo tras o que se agacha un calculado e programado saqueo da mafia financeira internacional para acabar de vez cos logros acadados pola clase traballadora no decurso dos séculos: Seguridade Social, ensino e sanidade públicos, dereito a un traballo digno, vacacións remuneradas, etc. Non é casual a demonización que se está a facer na actualidade da figura dos funcionarios e funcionarias, pois non se pode admitir que no futuro existan persoas que gocen dun emprego de por vida e que, ademais, militen nalgún sindicato de clase ou secunden as folgas, algo impensábel para quen "goza" dun traballo temporal e renovábel en función da súa "docilidade" cun sistema corrupto.