Banu Marwán: a estirpe do galego. 2. Entre a vontade e o destino

Autor
Xosé-Henrique Costas Xosé-Henrique Costas González
Editorial
Edicións Morgante
ISBN
9788419040428
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
339
Formato
Rústica
Colección
Mudanzas
Dimensiones
21 x 13 cm
22,00€

Xosé-Henrique Costas explica a Galiza medieval a través da novela histórica. Marwán, fillo de Ianes O Galego, fai nova vida acollido polos xudeus de Munt Sáluti ata que emprende camiño a Mérida. Alí, grazas aos seus contactos e á súa competencia, entra ao servizo da administración amiral e vai subindo na escala ata chegar a ser nomeado valí ou gobernador dunha cidade adoito insubmisa e levantadiza contra o poder de Córdoba. Esta segunda entrega da triloxía Banu Marwán mergúllanos nunha sociedade conflitiva e asemade conciliadora, onde a xente do pobo só busca sobrevivir fronte ás fortes presións e tensións das diversas faccións sociais, políticas, étnicas e relixiosas. A lealdade, o amor, a amizade, o poder, a traizón, as viaxes, os intereses, as comenencias, as crenzas, os trasacordos, a identidade e as contradicións dos personaxes son temas que van ganduxando este novo relato histórico dun clan galego nunha época convulsa. Xosé-Henrique Costas González (Mantelas, Freixeiro, Vigo, 1962) é catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo. As súas investigacións xiran arredor da Dialectoloxía, a Sociolingüística e a obra poética de Cunqueiro. Publicou numerosos libros e artigos científicos e formou parte de varios xurados de premios de ensaio, investigación e literatura. Ao sur da liberdade é a súa primeira incursión en narrativa histórica, e tamén o primeiro libro da triloxía Banu Marwán, a estirpe do galego, unha saga familiar dos séculos VIII-IX.
destacados (65) , novedades (49)