Baobab

Autor
Moncho Iglesias Míguez
Editorial
Tempo Galiza
ISBN
9788412593990
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
91
Formato
Rústica
Dimensiones
210 x 150 cm
19,00€

Trátase do “fotopoemario” Baobab, de Moncho Iglesias Míguez. Un fermoso volume que combina poesia con 85 fotografías do autor. “Baobab é un paseo por África, nunha lectura das fronteiras que navegan as augas de ríos, lagos, mares e oasis, e o visionamento dunha historia contada en ladaíñas de silencios e berros. É un mapa debuxado con pasaportes que buscan visados cos que espertar de travesías deseñadas coas físgoas dos calzados que aínda non tiveron pé e, así a todo, xa confesan colleitas de insultos e adubos. A árbore que acubilla soles e chuvias cos que alimentar o futuro de moitos devanceiros non deixa de ser un ruxido e unha caricia ás meixelas que agochan sentimentos, quer dominantes quer dominados. E nese verxel arco iris que axexa os arrolos das tormentas que guían cara a outros paraísos, outras fames e outros dominios, tropezan palabras e fotografías. Por iso, as imaxes feitas palabras e viceversa evocan un continente que exacula cores, á vez que viste de loito calcañares e calcañares e calcañares esquecidos nas pegadas que deixan as ladaíñas da vida”.

libros mas destacados (150) , novedades (98)