Bazar De Traidores

Editorial
Edicions Barbantesa
ISBN
9788494030284
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
101
Formato
Rústica
Colección
Rustica
14,00€

O XII Premio de Poesía Afundación, que recoñece a Elías Portela polo seu traballo Bazar de traidores, será entregado mañá mércores 27 de maio a las 19.00 h na Sede Afundación de Vigo. O acto contará coa presenza do gañador, Elías Portela; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez; o presidente do Centro Pen Galicia, Luís Tosar González; e Óscar Villar, patrón de Afundación. Bazar de traidores, presentada baixo o lema Vaca Insepulta, foi escollida entre os 37 orixinais que concursaron polo xurado conformado por Luís González Tosar, presidente do Centro Pen de Galicia, como presidente do mesmo; Óscar Xabier Castro Martínez, secretario; Bieito Iglesias Araúxo; Francisco Pérez Lorenzo; María Dolores Villanueva Gesteira que valoraron a innovación das imaxes e da estrutura da obra, a mestura dos rexistros culto e popular e a capacidade da crítica vitalista acompañada dun notable sentido do humor. Tal e como recolle a acta, «o poeta actualiza o legado da vangarda histórica de Manuel Antonio usando unha linguaxe expresiva dun contexto contemporáneo, cosmopolita e á vez inserido nunha forte identidade persoal». Por outra banda, o xurado destacou o gran nivel dos traballos presentados nesta convocatoria, feito que evidencia «a boa saúde da creatividade dos poetas galegos e que deixa constancia de que a poesía está a vivir un momento poderoso e que asiste a un cambio de ciclo». Este novo libro de Elías Portela é o número 23 dunha colección que conta, entre a súa nómina de autores, con figuras tan destacadas das letras galegas como Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Marilar Alexandre, Xohana Torres ou Luz Pozo.