Un encontro en Vigo. Un camiño de iniciación que leva ó templo onde teñen lugar os misterios de relixión católica do corpo. Desenvólvense as orxías sagradas baixo a guía das sacerdotisas da divindade na procura da supresión da distancia, da restitución da esfera, da morte. O regreso ó Paraíso a través de Galicia e da memoria. Finalmente, Mondoñedo. E logo, o mar. O mesmo mar de atenienses e galegos.