Bieito Dubidoso

Editorial:
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788499148038
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
243
Formato
Rústica
14,00€

Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido. Orixinario da vila de Tui, grazas á súa facultade de crear neve en calquera condición atmosférica, atopará en Destreza a compañeira coa que compartirá aventuras e descubrirá o amor. A novela narra as azarosas e intrépidas aventuras de Bieito Dubidoso, que se declara prestidixitador e non feiticeiro; quen na compaña da súa inseparable Destreza emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Xoán, dono e señor da vila de Tui.