BLACK IS BELTZA

Autor
FERMIN MUGURUZA/HARKAITZ CANO/ISA CAMPO Fermin Muguruza
Editorial
Demo Editorial
ISBN
9788412907070
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
428
Formato
Rústica
Colección
Comic
Ilustrador (portada)
Susanna Martín
Ilustrador (interior)
Henrique Torreiro
Peso
650 gr
Dimensiones
230 x 310 x 12 cm
25,00€

Outubro de 1965. A comparsa de xigantes de Pamplona, imaxe típica das festas de San Firmino, é convidada a desfilar na Quinta Avenida de Nova York. Porén, non todos poderán saír: debido á discriminación racial, as autoridades norteamericanas prohibirán a participación dos dous xigantes negros. A partir deste feito real, BLACK IS BELTZA narra a historia de Manex, o mozo encargado de portar un dos xigantes. Abocado a unha longa e inesperada viaxe, Manex será testemuña de acontecementos claves da historia: os disturbios raciais derivados do asasinato de Malcolm X, as excentricidades dos personaxes de The Factory, a alianza entre os servizos secretos cubanos e os Black Panthers, e a psicodelia proto-hippy dos primeiros festivais de música. Fermin José Muguruza Ugarte, nado en Irún (Guipúscoa) o 20 de abril de 1963, é un cantante, instrumentista e produtor musical vasco, tamén coñecido como Comandante Muguruza ou DJ Laia. Irmán dos tamén músicos Iñigo e Jabier Muguruza, é unha das figuras máis influentes e carismáticas do panorama musical vasco. Ademais de cantar, toca a guitarra e o acordeón e manexa as programacións. Harkaitz Cano, nado en Lasarte-Oria (Guipúscoa) o 4 de agosto de 1975, é un escritor en lingua vasca. Comezou a súa andaina literaria no colectivo literario Lubaki Banda, creado en 1993. A súa bibliografía abrangue a poesía, novela ou os relatos. É licenciado en dereito na UPV de San Sebastián, aínda que nunca exerceu. É colaborador habitual de varios xornais do País Vasco, así como guionista de radio e televisión. Parte da súa obra está traducida ao castelán, italiano, alemán, grego e galego.
libros mas destacados (131) , novedades (70)