Sinopse
Bloque 12, 2º esquerda é unha novela relatada en primeira persoa por Mariana, unha rapaza portuguesa de doce anos que abandona a súa vella casa de toda a vida para mudarse coa súa familia a un piso novo, nun barrio lisboeta de recente construcción. Para Mariana este cambio significa algo parecido a empezar unha nova vida, o mesmo que para a súa familia e os seus veciños. A mirada que Mariana bota sobre o seu entorno caracterízase pola súa capacidade de observación, mesmo das realidades sociais menos gratas, pero tamén pola fantasía, a sensibilidade e o humor.