Bocas. Animais Extraordinarios

Autor
Xulio Gutiérrez/Nicolás Fernández
Editorial
Factoria K
ISBN
9788496957275
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
21
Formato
Cartoné
Colección
Tapa Dura
17,00€

Sinopse Entre o ecuador e os polos hai unha enorme cantidade de ecosistemas: dende os ambientes extremadamente fríos do ártico ata os cálidos trópicos, dende os áridos desertos ata as húmidas selvas ecuatoriais. En cada ecosistema miles de animais loitan pola súa vida segundo a dura lei da selección natural: "comer e non ser comido" Estamos ante un libro moi instructivo, ameno, ben estructurado e de gran atractivo visual. Comeza situando o lector ante os diversos grupos do reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sul, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece de cada un deles un volume de información ben dosificada sobre as súas características, localización e costumes, centrándose especialmente na forma de obter o seu alimento. Trátase dunha obra -a primeira dunha serie de libros desta temática, á que seguirán os titulados "Nacer" e "A miña casa"- recomendada non só para o eido escolar, senón para todos os lectores interesados no medio ambiente. Dende a superlingua do oso formigueiro, ata os dentes coma coitelos da piraña, pasando poia anatomía imposible do ornitorrinco ou o aspecto primitivo da lamprea, este libro abriranos as portas ao fascinante mundo dos animais.