Tres pequenos amigos -un oso, unha lebre e un verme- celebran a súa primeira noite xuntos na casa dun deles. Durmir nun lugar alleo ao propio fogar, ir a un campamento ou participar nunha actividade que rompe a rutina familiar son aventuras que a moitas nenas e nenos failles ilusión experimentar: proporciónalles unha sensación de autonomía e madurez, estimúlaos no exercicio da responsabilidade ante o novo ou o descoñecido, e axúdaos no difícil proceso de socialización. Iso lles ocorre aos protagonistas de “Bromas na escuridade”.