Cabaret Voltaire

Autor
Jaureguizar
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788482888453
Idioma
Nº de páginas
188
Formato
Rústica
Colección
Literaria
14,00€

Sinopse Unha historia de amor que atravesa todo século XX convértese en Cabaret Votaire nunha crítica aceda da violencia e da guerra. Jaureguizar (Bilbo, 1965) logra transmitir a tensión dunha época dominada pola barbarie e os abusos do poder. Segundo o autor é unha parodia das novelas de espionaxe na que se reflexiona sobre a identidade, tanto a súa procura como os conflitos que xera ao chocar con outras e as consecuencias violentas dese choque. Nos anos 30 Ribadeo era un porto dende o que saían mercantes para portos de Holanda, Alemania e os países nórdicos. Nesa altura, un home acorda unha na habitación dun hotel sen ser quen determinar a súa identidade. Vagando pola vila descubre que é un enxeñeiro chegado para controlar o tráfico de peirao. Ou iso pensa, porque máis tarde é informado de que é un axente dos servizos de intelixencia rusos que ten a encomenda de evitar que os nazis envíen a Berlín unha valiosa peza castrexa. Non tarda moito en informarse de que chegou a Ribadeo por encarga da espionaxe inglesa. No Cabaret Voltaire de Ribadeo coñece a unha peculiar serea que ofrece un espectáculo bailando nun tanque de auga coa que empeza unha relación amorosa.