Cabeza De Can

Autor
Morten Ramsland
Editorial
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866755
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
386
Formato
Rústica
Colección
Rustica
22,50€

Tras pasar uns anos en Amsterdam intentando gañar a vida como pintor, Asger volve a Dinamarca para ver por derradeira vez a súa avoa Bjørk, a piques de morrer. Deste xeito, o mozo narra a riquísima historia familiar dos Eriksson, un mosaico de relatos que se estenden desde os anos 30 do século pasado ata o presente. A historia deste curioso clan comeza nunha chaira xeada da Alemaña oriental en marzo de 1944, cando Askild Eriksson, avó do narrador, enxeñeiro naval e contrabandista, consegue escapar do campo de concentración de Sachsenhausen, un episodio que marcará a súa vida e que proxectará sobre a familia unha sombra de culpa que non influirá na súa vitalidade. Xuntando o tenro e o grotesco, Morten Ramsland mantén cun pulso firme o ritmo da narración e cautiva o lector cun fresco sobre o devir dunha familia e un país na historia recente do norte de Europa.