Caboverdianas En Burela

Autor
Luzia Oca González
Editorial
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478246519
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
15,00€

O marco teórico principal que guía este traballo sitúase na confluencia das teorías articulacionistas e feministas, partindo da consideración de que os procesos migratorios son procesos xenerizados, mediatizados por relacións de poder, nos que os traballos femininos adoitan ser desvalorizados socialmente, ocultando a calidade de suxeitos activos das mulleres migrantes. Preténdese non só seguir a tradición dos estudos sobre xénero e migracións que colocan a énfase nas discriminacións sufridas polas mulleres inmigrantes, senón tamén na que as mostra como actoras sociais, con capacidade de axencia e de despregar estratexias que poñen en conxunción orixe e destino, construíndo redes no espazo transnacional. O traballo de campo no que se basea esta investigación foi realizado en Burela dende 1998, con algúns períodos de ausencia, mais cunha continuidade determinada por ser lugar de residencia da autora. A súa primeira viaxe a Cabo Verde en 2000 foi seguida de moitas outras, tendo viaxado ao arquipélago todos os anos agás dous até 2013, ano de conclusión da tese de doutoramento que serviu de base para o presente volume.