Sinopse
No diario que escribe Gloria durante unhas vacacións de agosto intercala algúns capítulos da novela rosa que está escribindo a súa nai. A través das súas páxinas, personaxes e persoas comparten emocións e experiencias como se a vida transcorrese de igual xeito que unha novela ou a novela fose o espello da vida.