Caer Abrindo Círculos Pechados

Autor
Ana Acuña Trabazo/Xosé Henrique Costas González
Editorial
Universidad De Vigo. Servicio De Publicaciones
ISBN
9788481589337
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
Colección
Rustica
10,00€

As compañeiras e compañeiros de Amparo Solla ao longo de moitos anos de convivencia en aulas, departamento, facultade e vida, quixémoslle render unha sentida e emotiva homenaxe a unha persoa que foi exemplo de docente entregada ao alumnado e compañeira alegre e fraterna. Ademais das colaboracións de profesorado do noso Departamento de Filoloxía Galega e Latina dos tres campus, este volume complétase coa achega de exalumnos e compañeiros doutros departamentos para lle tributarmos unha merecida homenaxe e un cariño a unha gran compañeira, docente de Lingua e Literatura Galegas do campus das Lagoas, nos altos de Marcosende, en Vigo. Ábrese este volume cunha nota íntima e biográfica, seguida de 14 variados estudos sobre literatura, onomástica, conto popular, pedagoxía, tradución, retórica, teatro, fraseoloxía que recoñecen e agradecen deste xeito o labor de Amparo Solla, tal e como se mostra no cabezallo de moitos dos textos. Son contribucións guiadas polo recoñecemento e o agradecemento a quen durante moitos anos compartillou a nosa angueira de re-prestixiar e normalizar a nosa lingua e o noso sistema literario desde as aulas universitarias de Vigo, desde unha docencia exercida con cariño e entrega ao alumnado e un compañeirismo sempre cheo de empatía e alegría. Beizón sempre, Amparo Solla González.