Caixa De Mistos

Autor:
Patricia Janeiro
Editorial:
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478244621
Idioma
Formato
10,50€

Sinopse Non hai nada peor para un ladrón que comezar a cuestionarse a ética dos seus actos. É a noite do 23 de xuño, e Abel emborráchase na barra dun bar matinando na lene diferenza que separa o ben do mal. Moi preto del, unha rapaza soa conta os seus pasos nas laxes da cidade vella, un mozo escoita tangos pechado no seu cuarto e un escritor sen inspiración senta diante dun papel en branco. Os lobos andan á espreita, as cruces de pedra despréndense dos seus varais, e un tremor achégase por debaixo da terra, enmudecendo os animais ao seu paso. Se na noite de san Xoán te perseguen os lobos, non busques un cruceiro, busca un lugar onde agocharte.