Sinopse
Obra transgresora e solidamente estructurada arredor dun atractivo círculo narrativo. Caleidoscopio de historias que se entrecruzan, mostrario de contrastes humanos e psicolóxicos, galería de espellos poboada polas luces e polas sombras do cotián. Comicidade e dramatismo, nobreza e abxección, violencia e ternura. Unha ampla constelación de personaxes, case sempre perdedores, e unha espeiral de situacións tan rica, complexa e contradictoria como a propia vida.