Proposta hipotética, mais fundamentada, dunha selección de 145 cantigas medievais profanas en lingua galego-portuguesa. A cada cantiga asígnaselle, mediante a técnica do contrafactum, unha ou varias melodías tomadas das Cantigas de Alfonso X. Na primeira parte do libro preséntanse as partituras en galego-portugués acompañadas da tradución dos textos ao galego moderno e unhas breves indicacións técnicas. Ao final, e como complemento, engádese unha relación de trobadores e xograres con cadansúas breves semblanzas biográficas.