A idea do mundo que se reconstrúe en cada xesto de mázcara. Unha sinuosa xenialidade da Raia. Incidencias
de espazo e creacións de tempo. A Xironda.
A Intimidade dos nomes fóra dos corpos. Un intervalo de corazóns convencidos do remate do desánimo. E algúns apuntes no horizonte compartido de Cualedro, Vilar de Lebres ou Vilar de Perdizes. E a etnografía na voz de Michéle Chadeisson e do padre Fontes. E o poema na voz de Eiléan Ní Chuilleanáin e de Helena Eriksson.