CANDO MARCHAN AS LUCES

Autor
Amalia Blanco Pose
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788411764117
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
130
Formato
Rústica
Colección
Literaria RONSEL
Dimensiones
150 x 230 cm
16,40€

Este libro afonda na fraxilidade de existir, na loita invisible entre a mente e o corpo, nunha espiral de ecos que non calan. Non é un estudo nin unha análise, só a deriva dun pensamento que se enlea en si mesmo, ancorado entre a memoria e o esquecemento. Lúa, unha rapaza de 16 anos nada en Barcelona, sofre de depresión tras a morte do seu pai. A súa vida convértese nun labirinto de ausencias onde cada lembranza pesa como unha ferida aberta. Entre o baleiro e a esperanza, entre o medo e a resistencia, a protagonista busca un equilibrio imposible, un significado que sempre logra fuxir do entendemento. A historia entrelaza as reflexións de Lúa coa mirada das súas amizades e familiares, que actúan como testemuñas do seu descenso e loita contra a doenza.