-Os Reis non entran nas casas dos nenos que non estan durmidos! -espetoulle o pai.-Entón voume deitar cedo–aceptou o cativo. ...No medio e medio da noite, Martiño espertoucoas ganas de mexar…«Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis» é un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. A narración, chea de enxeñoe de humor, desvela a inxenuidade e a complexidade do maxín infantil. As ilustracións destacan pola súa forte expresividade e fan deste álbum un dos preferidos nas bibliotecas dos cativos.