Cando O Futuro Comenzaba. Correspondencia 1955-1990 Ramon Piñeiro Xosé Luis Franco Grande

Autor
Franco Grande
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498652420
Idioma
Gallego
Nº de páginas
252
Formato
Rústica
Colección
Memoria
23,00€

Sinopse Este libro recolle a correspondencia que Ramón Piñeiro mantivo co poeta e escritor Xosé Luís Franco Grande durante trinta e cinco anos, ata poucos meses antes do falecemento de Piñeiro. A estreita relación entre os dous correspondentes e o relevo que esta tivo nos anos denominados de resistencia cultural fan deste obra un testemuño fundamental para entender o período no que se alicerzou a recuperación da cultura galega. Nas cartas que durante máis de tres decenios cruzaron Ramón Piñeiro e Xosé Luís Franco Grande está presente o espertar da conciencia galega durante as décadas de 1950 e 1960. Trázase, de xeito nidio, o mapa que ha axudar o lector a se situar no miolo dos acontecementos que deron orixe a unha imaxe nova de Galicia. Estas cartas son testemuño dunha época na que se puxeron os alicerces indispensables para a Galicia do presente. A estreita relación persoal entre Ramón Piñeiro e Xosé Luís Franco Grande levounos a manter unha correspondencia constante que reflicte o pensamento de Piñeiro e, a través dela, pódese percibir un panorama do mundo da cultura galega daquela época. Estas cartas contribúen a poñer de manifesto o que foi a reconstrución da cultura galega despois da Guerra Civil.