Sinopse Antes de que souberamos ler o que máis nos gustou sempre foi que nos contaran historias, querer oir contos. Ata hai uns anos eran os nosos avós ou pais quen nolas contaban a carón do lume antes de durmir. Cando petan na porta pola noite son catro contos que partindo daqueles que naceron para seren contados oralmente, do pracer de escoitar, das historias que o autor foi recuperando da súa memoria, hoxe están postas no papel para que as fagadas vosas, as transformedes nas vosas propias historias e logo as contedes.