Sinopse
Ambientado en Londres na época victoriana, “Canto de Nadal” é un clásico inesquecible da literatura universal ilustrado por un dos máis prestixiosos artistas internacionais.
Esta é unha coidada edición para gozar dunha lectura que enxalza o espírito navideño. Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro revelaranlle ao avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida. Un libro esencial que destaca pola riqueza e pola precisión do texto de Dickens e das imaxes hiperrealistas de Innocenti, que ofrecen múltiples perspectivas visuais.