Cantos do mar

Autor
Susana Rodríguez Barcia, Bosco Gil de Gárate Hernández
Editorial
Edicións Morgante
ISBN
9788419040435
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
351
Formato
Rústica
Colección
Rustica
Dimensiones
16 x 23 cm
29,00€

Houbo un tempo en que todo xiraba ao redor do mar. O transporte de persoas e mercadorías dependía fundamentalmente dos barcos que funcionaban coa forza dunha comunidade de brazos unidos nun só corazón. Naquel tempo a música converteuse en algo máis ca lecer; era un diapasón que acompañaba e sincronizaba. Os cantos do mar transformáronse no latexo ao unísono de centos de homes embarcados que vivían con dureza lonxe das persoas que amaban, queimados polo sol e bañados polo sal. Este libro recolle unha compilación das principais toadas mariñeiras que soaban nos navíos que cruzaron océanos dende o século XVI. Achegarse ás súas letras e melodías é viaxar cara atrás no arrolo das ondas. Un anaco de nostalxia pero tamén de presente, pois no fondo seguimos a ser nautas nun espazo infindo cheo de estrelas. Bosco Gil de Gárate (Madrid, 1980) e Susana Rodríguez Barcia (Vigo, 1977) son un músico e unha lingüista que investigan dende 2018 as orixes na tradición anglosaxoa da lírica do rock e o pop. Ademais de compositor e multinstrumentista nas bandas Family Folks e Lorre, Bosco é tradutor e poeta. Susana é profesora na Universidade de Vigo, onde estuda a relación entre discurso, ideoloxía e sociedade. Ambos comparten a paixón pola música e a literatura.

destacados (61) , novedades (46)