Cara Ó Faro

Autor
Virginia Woolf
Editorial
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478241408
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
288
Formato
Rústica
Colección
Biblioteca de traduccions
14,00€

Virginia Woolf conta a historia dunha familia inglesa que escolle como lugar para pasa-lo verán unha illa dende a que se albisca un faro distante. Ó longo das páxinas da novela este faro é o destino dunha excursión proxectada pero que non se chega a realizar. A novela percorre dúas liñas de lectura que amplían a capacidade de atracción do libro ó seren asemade contrapostas e complementarias: a do coñecemento da vida como realidade exterior 'a dos outros' e maila desa mesma vida como subxectividade e expresión do mundo interior de cada un. Os personaxes da novela, a fermosa, dominante e xenerosa señora Ramsay, os seus fillos, o seu egocéntrico e intelectual home e mailos amigos dos que se arrodean acadan unha presencia que para o lector se fai vívida e perdurable na escrita intensa e inimitable de Virginia Woolf.