CARLOS NUÑEZ, O COMUNISTA QUE NON FOI GAITEIRO

Autor
Perfecto Conde
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788411763684
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
295
Formato
Rústica
Colección
Memoria
Dimensiones
15 x 23 cm
24,50€

Carlos Núñez Rodríguez figura na memoria de moita xente, e nalgúns libros de Historia, como un esforzado militante comunista, nomeadamente nos anos do franquismo serodio, que tivo gran relevancia nos acontecementos da folga xeral viguesa de setembro de 1972, cando a cidade estivo condicionada polas mobilizacións obreiras. Mais na biografía de Carlos Núñez hai moito máis: desde as torturas do franquismo, o exilio en París e Moscova e a fundación do PCG, ata as súas innovacións municipalistas en 1979 e o 23-F. Un percorrido biográfico da man de Perfecto Conde, quen, con habelencia, enfía unha conversa que non deixará indiferente a ninguén.