Casa De Feras (Premio De Teatro Vidal Bolaño 2021)

Autor
ww.aa
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788491518044
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
214
Formato
Rústica
Colección
Rustica
9,80€

IV Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño 2021 Casa de feras é unha fábula actual onde se abordan temas como o maltrato animal, as relacións de poder e a liberdade. Animais engaiolados entre reixas de ferro e humanos engaiolados en pre-xuízos férreos, todos buscan unha liberdade pola que hai que pagar un alto prezo. Edgar Costas bota man nesta peza dun humor cheo de ironía para abordar os conflitos que se xeran nun ambiente hostil, asfixiado de normas e prexuízos e sitúanos nun escenario real, ateigado de historia. A antiga Casa de Feras de Madrid, no Parque do Retiro, conforma o decorado da obra onde hai, tamén, unha homenaxe aos animais que no seu día habitaron estas dependencias, como a protagonista, a elefanta Pizarro, que no século XIX, chegada dun circo, dominou coa súa presenza este lugar.