Sinopse
Rescatando historias de antes e de agora, a autora escudriña a fráxil vida humana dende unha perspectiva conscientemente femenina. Os seus son relatos con sabor a salitre, de grande intensidade poética, que nos chegan a perturbar polo descoñecido ou polo sabido pero xamais confesado.
Pódese atopar un destos relatos, BORRAS DE CAFE na páxina de Foro novo (de www.andelvirtual.com), en formato dixital e inédito publicado a principios do ano 1999.