Case Perfecto

Autor
Marina Mayoral
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497825306
Idioma
Gallego
Nº de páginas
296
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
18,00€

Un científico famoso morre en circunstancias estrañas, semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vive separado. Un dos fillos acusa á nai de ser culpable desa morte. A nai para defenderse escríbelle unha longa carta na que analiza o papel que os distintos personaxes tiveron naquela morte. "Case perfecto" obriga ao lector a tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crimen “case perfecto” ou dun desgraciado suceso, produto do azar. Co seu peculiar sentido do humor e a sua habitual sutileza para penetrar nos recunchos máis fondos do ser humano, Marina Mayoral mostra en "Case perfecto" a complexa trama de sentimentos que une e desune aos membros dunha familia, coa que moitos lectores se sentirán indentificados