Castelao Máis Alá

Autor
Inacio, Ivan Suarez
Editorial
Demo Editorial
ISBN
9788494034954
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Nº de páginas
64
Formato
Rústica
Colección
CASTELAO
12,00€

A serie Castelao, á que pertencen con este os volumes O pobre tolo e Titoán, ofrece un excepcional achegamento á vida de Afonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950). Unha aproximación máis humana que simbólica, mítica ou académica, baseada no rigor histórico e na riqueza contextual, que non esquece a pulsión onírica e humorística presente de forma clara no seu legado. Máis alá!, o terceiro dos libros que compoñen o ambicioso proxecto de Inacio no guión e Iván Suárez no debuxo, lévanos ás lembranzas de Castelao sobre a súa viaxe europea de 1921, coas súas continúas visitas aos museos, e os seus encontros co filósofo Bergson, o pintor Corredoira e o músico Manuel Quiroga, entre outros, que permiten entender algúns dos seus posicionamentos éticos e estéticos. O segundo volume desta serie, Titoán, obtivo precisamente o Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, outorgado pola Deputación da Coruña.