Sinopse Este libro colectivo tenta acadar un triple fin: en primeiro lugar, encher o baleiro bibliográfico existente sobre os Castros de Neixón (emblemático dende que fora escabado por Cuevillas e Bouza Brey) mediante a elaboració dunha monografía que combine axeitadamente a esixencia do rigor e calidade científicas coa aproximación interdisciplinar, a divulgación e a difusión do coñecemento arqueolóxico; por outra banda, amosar a vertente patrimonial deste espazo arqueolóxico do Barbanza que está a ser potenciado poa Dirección Xeral de Patrimonio, a Dirección Xeral de Xuventude, o Concello de Boiro, o Centro Arqueolóxico de Barbanza, e o Centro de Estudos Galegos Padre Sarmiento; por último, recoller os resultados da estratexia de investigación deseñada dende a Arqueoloxía da Paisaxe para maximizar a información e o potencial dos Castros, tanto coma xacemento arqueolóxico coma escenario de prácticas sociais e espazo simbólico na actualidade